O Presidente da Xunta, de viaxe en Arxentina, reuniuse co Presidente do País, Mauricio Macri, co que valorou as reformas emprendidas polo novo goberno arxentino, e das que agarda que permitan maior seguridade xurídica para as empresas galegas que fagan alí investimentos.
O fiscal que leva o caso da morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero Taboada,JIMMI, pídelle ó xuiz que impute ós ultras do Atlético de Madrid ós que a policía sinala coma autores do crime, que foron detidos e que logo o xuíz puxo en liberdade.
O Deportivo afronta mañá a primeira das catro finais que lle quedan para garantir a permanencia na Primeira División, complicada trala derrota historica, de 0 a 8, contra o Barça. Visita ao Eibar. Ós coruñeses beneficiaríalles que o Celta lle gañase, en Balaidos, o luns ao Granada, que está moi preto do descenso. (22/04/16)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano