O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco declara como imputado no caso Campeón. O empresario Jorge Dorribo acúsao de irregularidades. // O presidente dos empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, cualifica de 'valente' a reforma laboral, pero considera que necesita unha volta máis. // UGT e CC.OO. van recorrer os servizos mínimos marcados pola Xunta para a folga xeral da próxima semana. // Plenos informativos nos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras. Os alcaldes tentan convencer aos grupos da oposición e aos veciños das vantaxes de fusionar os dous municipios. // Hoxe é o día mundial da meteoroloxía, e os centros nos que se elaboran as predicións abren as súas portas para explicar como funcionan. // Alumnos de instituto premian a Eduardo Mendoza, Colm Tóibín e Xulia Alonso. (23/03/12)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano