Os libros saen á rúa para celebrar o seu día. Hoxe as librerías fan descontos mentres se multiplican as actividades en bibliotecas, centros de ensino e nas rúas para fomentar o hábito da lectura. // A Xunta presenta unha edición facsímil da obra "Galicia como tarefa", de Valentín Paz Andrade. // O conselleiro de Presidencia defende a creación da área metropolitana de Vigo, e critica ao alcalde Abel Caballero por pórlle obstáculos. // A central nacionalista CIG anuncia a convocatoria dunha nova folga xeral contra a reforma laboral, en xuño. // O Deportivo, a un paso de Primeira tras vencer ao Elche. O Celta en cambio suma unha nova derrota, pero confía aínda no ascenso directo. // A chuvia acaba de encher o lago artificial de Endesa nas Pontes. 23/04/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano