O mal tempo complica os labores de busca dos dous pescadores de Tui desaparecidos logo de ser arrastrados por unha onda na Guarda, en Pontevedra. Os mergulladores pospuxeron a busca nas rochas, onde creen puideron quedar atrapados.
O consello da xunta aproba unha bonificación para o pago da factura da luz que beneficiará a 14 mil familias con menos recursos. É acumulable ao bono social do goberno e calculase que aforrará na factura ata o 40 por cento do total. O consello tamén autorizou pagar as cotas da seguridade social aos mozos menores de 30 anos que queiran facerse autónomos.
O Deportivo viaxa mañá a Soria para tentar conseguir fronte o Numancia o agardado ascenso a Primeira. Se gañan alí e perde ou empata o Las Palmas serían equipo de primeira. O adestrador confía en que o ascenso chegara e sería a terceira vez que Fernando Vázquez consegue levar un equipo a Primeira. (23/05/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano