A Volta Ciclista a España que sae mañá de Vilanova de Arousa lembrou ás vítimas do Accidente de tren de Angrois , do que tamén mañá, se cumpre un mes. Caras coñecidas do ciclismo homenaxeábanas, deste xeito, polas estradas pontevedresas , cunha carreira cicloturista.
Compareceu nos xulgados de Lugo o concelleiro do PSOE en Santiago Bernardino Rama para prestar declaración ante a xuíza que dirixe a Operación Pokemon que investiga presuntas irregularidades na concesión de obras e servizos en varios concellos.
As exportacions galegas medraron un 20 por cento na primeira metade deste ano. Galicia foi a segunda comunidade con mellores resultados , grazas a dous sectores estratéxicos:a automoción e o textil. O pasado mes de xuño foi o que rexistrou o maior aumento. (23/08/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano