Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 23/09/14 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 23/09/14

23/09/2014 00:28:06
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 23/09/14 Telexornal-Galicia - 23/09/14
Telexornal-Galicia - 23/09/14 00:28:06 23/09/2014
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Balaídos acolle esta noite o derbi Celta-Dépor, un encontro de máxima rivalidade cos celestes invictos en Liga e os coruñeses co recordo dos 8 goles encaixados ante o Real Madrid.

As choivas teñen complicado a vendima. No Ribeiro un 5 por cento das plantas están afectadas de botrite por causa da auga. 

Abandonar un animal terá unha multa de ata tres mil euros, maltratalo  ou matalo, de ata 30.000 euros, segundo a lei aprobada hoxe no Parlamento, que sobe a multa por non recoller os excrementos de 200 euros a 500. 

Uns pais da Coruña, obrigados a pagarlle unha pensión de 624 euros á filla de 23 anos, que quería independizarse. A nai, que está divorciada do pai, ofrecíalle vivir con ela na Coruña , pero o xuíz rexeitouno debido ás malas relacións entre nai e filla. .

As pernoctacións hoteleiras  subiron en Galicia en agosto o 3,7%, un mes no que a nosa comunidade foi o quinto destino destino turístico elexido polos españois. Ocupáronse o 56 por cento das prazas dispoñibles, e con prezos máis baratos. 

Cinco persoas paradas de Ferrol traballan unha horta en terreos da Autoridade Portuaria, á que non lle pediron autorización pero esta, de momento, non lles pon impedimentos. (23/09/14)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano