Chegou o Barça a Vigo, como líder de Primeira e con todas as súas estrelas para o partido desta noite, co liderato en xogo e cun Balaídos case cheo // Asinado o acordo lácteo en Madrid co que industria e distribución se comprometen a facer contratos a longo prazo e a que se coñezan parte das súas marxes de beneficio que repercutirán aos productores. Non asinaron Unions agrarias e Sindicato Labrego Galego // A catedral de Santiago terá obras de conservación durante os próximos 5 anos, por un importe de 17 millóns de euros, co obxectivo de que estea lista para o Xacobeo de 2021 // Comezan as operacións cirurxicas no novo hospital de Vigo que prevé ter operativos os seus 24 quirófanos a comezos de outubro // Aberta en Palas de Rei unha planta pioneira en España, e a primeira en Galicia, na pasteurizacion de ovo liquido, que permite alongar a caducidade e calidade do produto. 23/09/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano