Un carballo centenario caeu no balneario de Mondariz e feriu a 4 persoas, entre elas un neno, que quedou atrapado debaixo da arbore. O Carballo derrubouse nun momento en que nin chovía nin ía vento, e sobre unha piscina exterior na que habia un grupo de persoas. Dúas seguen arestora hospitalizadas, aínda que fora de perigo // Campaña da Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil. Alerta dos perigos desta actividade, cada vez máis frecuente entre os adolescentes. Son prácticas que poden constituír un delicto de ciberacoso e, se a vítima é menor, mesmo de pornografía intantil// A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. A axuda recoñece a importancia estratéxica deste porto e servirá para potenciar a futura autoestrada do Mar, unha liña regular de mercadorías entre Galicia e Francia. 24/11/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano