Hoxe, día mundial da meninxite, coñecemos a Victoria, unha nena galega que protagoniza xunto a outros 14 pequenos unha campaña de sensibilización mundial sobre esta doenza, que afecta ao ano a uns cinco centos mil pequenos // O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente". Resolución que se coñece logo de que catro dos membros deste grupo recorreran ante o Alto Tribunal a sentenza da Audiencia Nacional que os condenaba a penas de cárcere. Condenas que agora o Supremo rebaixa entre tres e cinco anos // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano