Un xogador do Fuenlabrada afectado por coronavirus, trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario da Coruña. A fiscalía abre dilixencias penais sobre a viaxe do equipo madrileño, que conta xa con 12 positivos entre os membros da expedición confinados no hotel.
// Os novos brotes fan que volva a aumentar o número de casos postivos en Galicia. Son un total de 180, 17 máis nas últimas horas, entre eles unha traballadora dun centro de maiores en Xove. Os hospitalizados suben a 10, ningún na UCI. O persoal sanitario recibe da Xunta a medalla de Galicia 2020.
// No aniversario do sinistro, as vítimas do accidente do Alvia din sentirse silenciadas polas institucións. Reclaman que se abra unha investigación independente, tal como pedíu a Unión Europea, e que se acelere a actuación xudicial para depurar responsabilidades. (24/07/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano