As olladas e céntranse no Alcalde de Ourense. O socialista Francisco Rodríguez presidiu hoxe o Pleno da capital ourensá sen a presenza da tenente de Alcalde, do BNG, logo de que o Consello Local da formación nacionalista pedira a demisión do Alcalde, a raíz da súa imputación no caso Pokemon, na que foi detido, xunto a outras 12 persoas. O outro alcalde imputado, o coruñés de Boqueixón, do PP, non acodiu esta mañá á sede do Concello // Hoxe prestan declaración nos xulgados de Lugo tres detidos que faltaban por comparecer ante a xuíza, entre eles o expresidente da confederación hidrográfica do Miño, Francisco Fernández Liñares // Dous accidentes na Avenida de Alfonso Molina complicaron moito o tráfico de entrada á Coruña a primeira hora da mañá. Houbo colas de ata 8 quilómetros. En ningún dos sinistros houbo feridos. 24/09/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano