Santiago celebra o 25 aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, un recoñecemento que multiplicou o interese do mundo pola ruta xacobea. // Hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago, por onde pasa o Camiño Inglés, queren poñer en valor os establecementos destes lugares. // Núñez Feijóo comprométese para a próxima lexislatura a afianzar a solvencia de Galicia e buscar o crecemento económico. Así llo propuxo á xunta directiva do Partido Popular de Galicia. // Desde hoxe e ata mediados de decembro está en marcha a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia, coa que o Sergas quere protexer do virus ao 65 por cento da poboación. // Os ministros europeos de Pesca acordan manter ata 2017 as axudas ao desguazamento de barcos pesqueiros e á paralización temporal da flota, tal e como pedía España. (24/10/12)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano