Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre deste ano. O 22,35 por cento dos galegos en idade de traballajar están sen emprego. Son case 22.000 máis que hai un ano. O paro afecta especialmente aos máis novos, un de cada dos menores de 25 anos non atopan traballo./ O lider dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acolle con satisfacción o anuncio, coñecido hoxe, de que o PSOE elexirá mediante primarias aos seus secretarios xerais en toda España. Así o anunciou hoxe o secretario de Organización Oscar López, facendo así xeneralizado o sistema anunciado polos socialistas galegos. /A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. Promoverá obradoiros de emprego, a incentivación de contratacións e o fomento de microempresas. O Consello tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de lei do RISGA que posibilita a compatibilización destas axudas con rendas do traballo. (25/04/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano