Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama de corrupción. Unha decisión que Pachi Vázquez calificou de dolorosa pero necesaria para demostrar a tolerancia cero cos comportamentos irregulares na vida pública. Namentres, o alcalde segue sen demitir, e a súa decisión podería depender dunha reunión da executiva local desta tarde. Quen si presentou xa a súa demisión foi o alcalde coruñés de Boqueixón, do Partido Popular que argumentou o seu desexo de non causarlle danos á localidade para tomar a decisión. Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano