Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 25/09/14 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 25/09/14

25/09/2014 00:28:08
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 25/09/14 Telexornal-Galicia - 25/09/14
Telexornal-Galicia - 25/09/14 00:28:08 25/09/2014
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Félix  Vidal Anido, coñecido coma o violador do estilete, xulgado en Lugo por intentar asaltar a unha muller na súa casa. Vidal Anido levaba trinta anos encarcerado cumprindo condena por varias violacións cando foi liberado en aplicación da Doutrina Parot.

A Xunta aproba un plan para aumentar un 25% as exportacións das empresas galegas e outro para conservar a praia das Catedrais, limitando as visitas.

Galicia é a segunda comunidade autónoma máis económica para facer a compra, segundo a OCU. Por cidades, Vigo, A Coruña e Ourense están entre as máis baratas.

Os pensionistas galegos cobran de media un 1,8 por cento máis ca o ano pasado, pero a pensión media, 736 euros, é a segunda máis baixa de España.

Un de cada cinco enfermos de cancro podería ser tratado con terapias personalizadas. Expertos reunidos en Santiago recomendan facer estudos xenónimos a todos os doentes porque, din, evitaría o uso de tratamentos médicos moi custosos

A Ribeira Sacra está en plena faena de vendima, nas súas viñas en costa. (25/09/14)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano