Reaccións á prórroga a Ence para que siga na ría de Pontevedra ata 2073. O concello pontevedrés buscará anulala, os empregados de Ence celébrana e a ministra García Tejerina di que foi unha decisión administrativa atendendo a que a empresa cumpría os requisitos // O Supremo eleva a condena ao capitán do Prestige de desobediencia grave, que o condenaba a 9 meses de cárcere, a delicto medioambiental, de dous anos de cadea // Un xulgado investiga a denuncia dunha ex monxa contra o convento das mercedarias en Santiago, ao que acusa de impedir que varias compañeiras abandonasen a vida de clausura // Xulgan a unha muller acusada de matar a unha anciá de 87 en Carballo 2014. Ela recoñeceuse culpable do crime e a fiscalía rebaixou a petición de prisión de 22 a 15 anos // O Celta ultima o partido de Copa de mañá contra o Atletico // Logo de tres meses amarrados en protesta para pedir un reparto distinto das cota, esta mañá volveron faenar nas rías os barcos do cerco, dedicados a xurelo e xarda. 26/01/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano