Galicia podería ter, dentro de 40 anos, un millón de habitantes menos que a mediados do século pasado, segundo un informe presentado hoxe por un grupo de economistas e empresarios. Un problema demográfico que pode facer precisa unha reorganización dos servizos sociais e que se debe paliar con fomento do emprego que evite a emigración da xente nova // A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas. 26/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano