Seguen as detencións en relación coa denominada ¿Operación Pokemon¿ contra a corrupción. Nas últimas horas foron arrestados un concelleiro do BNG en Ourense e outro do PSdeG-PSOE na localidade lucense de Cospeiro. Tamén permanecen na comisaría de policía de Ourense un matrimonio do Carballiño, detido dentro desta operación. O xefe da policía local de Ourense, detido onte xa prestou declaración ante a xuíza en Lugo e quedou en liberdade baixo fianza de cinco mil euros. Francisco Rodriguez seguirá sendo alcalde de Ourense polo menos ata mañá. Puxo o seu cargo a disposición da executiva local do PSOE que rexeitou a dimisión trala súa imputación no caso Pokemon // O supermercado económico de España está en Vigo pero nel só poden mercar os traballadores da factoría de Citroen. O economato desta fábrica de coches é segundo unha enquisa da OCU o máis barato do pais. 26/09/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano