Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 26/09/14 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 26/09/14

26/09/2014 00:28:09
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 26/09/14 Telexornal-Galicia - 26/09/14
Telexornal-Galicia - 26/09/14 00:28:09 26/09/2014
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

O Rei Felipe visita por sorpresa Combarro, para cear onte con antigos compañeiros da escola naval de Marín. Na escola naval conmemorou hoxe o 25 aniversario da súa promoción.

Citroën de Vigo e os seus provedores comprométense a reducir custes para garantir que as furgonetas que reemprazarán ás Berlingo e Partner se constrúan en Galicia, fronte á opción de facelas en Eslovaquia, con man de obra máis barata. 

Núñez Feijóo nega retrocesos na atención a persoas dependentes, ao inaugurar en Sada  un novo centro de atención  integral a persoas con parálise cerebral. 

O Goberno aboará en 2015 o 25% da paga extra deixada de percibir en decembro de 2012.Tamén a Xunta prevé devolver un 25% da paga extraordinaria aos 90 mil funcionarios autonómicos, durante 2015 e 2016.

O Celta tratará hoxe en Elche de seguir invicto na Liga.O Dépor adestra coa dúbida de Fariña para o partido do domingo na casa fronte o Almería.

Vigo recibe mañá o maior cruceiro do mundo, o "Oasis of the seas" con 9.000 pasaxeiros a bordo. Restaurantes e comercios agardan un sábado especial. (26/09/14)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano