O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre, mentres no conxunto do estado segue medrando, e xa está por riba do 25 por cento da poboación activa. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre os concellos de O Incio e Sarria. O novo tramo ten sete quilómetros e reduce nun dez por cento a lonxitude do trazado da estrada vella. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira, e nin Celta nin Deportivo se fían do rival. Desde a Coruña ven ó equipo de Vigo nun bo momento de forma. O Celta mira ó Depor con prudencia, e pensa que en encontros coma este non hai favoritos. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano