Rúas desertas e tranquilidade xeral. Así entrou en vigor o novo estado de alarma decretado polo Goberno, cando todas as cidades de Galicia están xa en alerta máxima pola incidencia dos contaxios, coa incorporación da Coruña. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. É a segunda cifra máis elevada de toda a pandemia trala do pasado sábado. Sobe a presión hospitalaria cun total de 444 pacientes ingresados. //Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva. //Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano