A partir desta media noite as 12.000 explotacións lácteas de Galicia están convocadas a non entregarlle o leite as industrias. É unha folga indefinida en protesta polos prezos que lle pagan, que non cobren os custes de produción. // Preocupación entre os traballadores de Novagalicia Banco ante a redución do cadro de persoal que se agarda impoña a Unión Europea a cambio do rescate da entidade. // En 17 dos 19 xulgados de Ourense esta semana non se van celebrar xuízos. Os maxistrados decidiron suspendelos porque consideran que a reforma xudicial impulsada polo goberno non será boa para a xustiza. // Enxeñeiros, fontaneiros ou traballadores do sector naval que falen ben o inglés. Son os profesionais máis demandados polos países do norte de Europa. // O Deportivo aguanta en San Mamés e logra un punto que lle serve para saír dos postos de descenso. O mesmo obxectivo busca o Celta, que esta noite se enfronta ao Zaragoza. 26/11/12
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano