O anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario europeo da competencia , Joaquín Almunia é interpretado polo sector naval coma unha sentenza condenatoria. O Comisario explicou que armadores e inversores terán que devolver as axudas concedidas polo sistema do Tax Lease. Unhas bonificacions que ascenden a uns 2800 millons de euros. A patronal agoira que este anuncio suporá a morte do sector.
O Presidente da Xunta califica de " conversa de Café" o anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario da Competencia e agarda que esa non sexa a decisión que adopte a Comisión Europea. Díxoo na rolda de prensa posterior a un consello que lle deu o visto e prace ao proxecto da lei de Caza que establece o límite de idade para as licenzas nos 16 anos e permite batidas en zonas protexidas, se a fauna salvaxe causa danos
O Celta presenta a equipacion para a vindeira campaña en Primeira Division, con novo deseño e novo logo. A primeira seguirá sendo azul e a segunda, de cor negra. Fíxoo na rúa, ante catro xogadores que formarán parte do plantel que o clube ainda continua elaborando. (27/06/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano