Pasou a disposición do xulgado, en Pontrevedra, o home detido pola Garda Civil, logo de que se confesase autor da morte a navallazos do marido da súa ex-noiva. Os dous, agresor e vítima, eran veciños, na localidade de Ponte Caldelas e rexentaban negocios situados un ao carón do outro // A familia de Francisco Javier Romero Taboada pide que se faga xustiza, cando se cumpre un ano da súa morte, despois de sufrir unha brutal malleira e ser botado ao río Manzanares. Só un mozo que, no momento dos feitos, era menor, está imputado por homicidio aínda que hai outras 105 persoas procesadas por ter participado na liorta tumulturaria que rodeou á morte de Jimmi // A Muralla de Lugo conta dende hoxe cun ascensor que permite un mellor acceso ao seu adarve ás persoas con discapacidade ou ás familias con nenos pequenos. É un xeito de celebrar os quince anos do monumento coma patrimonio da humanidade. 30/11/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano