Recuperan o corpo dun policía nacional afogado nunha operación de rescate na praia do Orzán, na Coruña. Seguen desaparecidos outros dous policías e o mozo ao que tentaban rescatar. // EPA: 2011 remata con 240.400 persoas desempregadas en Galicia. Son 36.900 máis ca en 2010. // José Luis Baltar deixa, emocionado, a presidencia da Deputación de Ourense, tras 22 anos no cargo. // Protestas pola perda de empregos no naval da ría de Vigo. Cos grandes estaleiros sen pedidos e en concurso de acredores, os sindicatos consideran que máis que unha crise, o sector está a sufrir una reconversión encuberta. // A idea de instalar no concello do Irixo unha planta de tratamento de lixo que daría servizo ao sur de Galicia ten divididos aos veciños das comarcas do Carballiño e o Deza. 27/01/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano