A Xunta porá en marcha 5 reformas legais, nun prazo de 50 días, co fin de impulsar a transparencia e loitar contra a corrupción. Inclúen a reforma do Consello de Contas, para que controle a xestión dos organismos públicos, e o seguimento do financiamento dos partidos. A oposición califica de electoralista o anuncio, feiro por Núñez Feijóo, no Parlamento, e repróchalle unha actitude pasiva frente os casos de corrupción que afectan o PP // O exsecretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vázquez califica de montaxe o seu auto de procesamento por prevaricación continuada. O deputado autonómico descarta de momento dimitir, despois de que o Tribunal superior o procesara pola suposta contratación ilegal de 37 persoas no Concello do Carballiño cando el era alcalde // Os policías que investigaron o roubo do Códice Calixtino relataron que o fillo do principal acusado se botou a chorar cando descubriron a grande cantidade de diñeiro, presuntamente roubado na catedral, que tiña na casa. 27/01/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano