Galicia recibirá quince millóns de euros do goberno central para reparar os estragos causados polos temporais deste inverno. Deles, sete millóns irán para actuacións de urxencia na costa coma as que se están a acometer na praia de Cesantes en Redondela, e que contan cun orzamento de 45 mil euros // O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera ilegal o céntimo sanitario que estivo implantado en 13 comunidades autónomas ata xaneiro de 2013, entre elas Galicia. Un imposto co que a comunidade autónoma recadaba 2.4 céntimos por litro de gasolina e 1.2 polo gasóleo. España podería ter que devolver 13 mil millóns de euros, cobrados entre 2002 e 2011 // O Consello da Xunta decidiu ampliar a atención por teléfono a todos os profesionais de atención primaria. Ademais de cos médicos poderase solicitar esta modalidade con enfermeiras, matronas e traballadores sociais. Dende que se puxeron en marcha este tipo de consultas, hai dous meses, os médicos atenderon por teléfono 116 mil consultas. 27/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano