O incendio que queimou 200 hectáreas en Folgoso do Courel está activo, aínda que controlado. O que calcinou 430 hectáreas en Navia de Suarna está estabilizado. Outro lume na Fonsagrada afecta a 28 hectáreas.
O presidente da Xunta recibe ao alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores pediulle maior atención de parte da Xunta cara a cidade do Lérez. Alberto Núñez Feijóo di que alguns atrasos en proxectos na cidade obedecen a cuestións técnicas.
O BNG e Anova defenden formar unha lista única para as eleccións xerais.
Santiago bate marcas estes días na afluencia de peregrinos. A véspera do Apóstolo a oficina do peregrino superou o reparto de Compostelas nun só día desde o Xacobeo de 2010.
Pedro Mosquera chega ao Deportivo procedente do Elche e esta tarde viaxa a Inglaterra co resto do equipo, para xogar dous partidos amigables. (27/07/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano