Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra. Alí está activo un que se declaraba, nas últimas horas en Cotobade, parroquia de Tenorio que supera as 20 hectáreas. Namentres, segue a loita dos servizos de extinción contra outro iniciado a última hora da tarde de onte no municipio de Oia e que calcinou 1200 hectáreas.
Os afectados polo accidente do tren alvia en Angrois terán á súa disposición unha páxina web na que poderán informarse e mesmo realizar xestións.
O próximo luns comezarán a funcionar en Vigo e A Coruña os novos xulgados creados para atender as reclamacións dos afectados por participacións preferentes. Os novos xuices foron xa nomeados polo Ministerio de Xustiza xunto cos seus secretarios. Cada un destes novos xulgados contará, ademáis, con seis funcionarios. (27/08/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano