O Comité Clínico da Xunta decide deixar tal e como está, a restricción de mobilidade nocturna establecida polo goberno central no novo estado de Alarma. //Os casos activos ascenden hoxe a 7.074, a cifra máis alta dende comenzou a pandemia, logo de rexistrarse 525 novos contaxios. Hai que contabilizar tamén o falecemento de 12 persoas, o que o converte no segundo peor día, so superado polo 26 de abril. //Os servizos de urxencias dos hospitais galegos comenzan a empregar os novos test de antíxenos para confirmar casos de coronavirus. Considéranse tan fiables como a PCR e dan o resultado en 15 minutos, anque so serven para doentes con síntomas. O Sergas estuda ampliar o seu emprego aos centros de primaria. //Os trens Alvia que realizan o percorrido entre Galicia e Madrid usan xa, dende hoxe, o novo treito de alta velocidade de 110 quilómeros entre Zamora e Sanabria que acorta o traxecto en 50 minutos. Renfe recupera tamén unha nova frecuencia dende Pontevedra permite estar en Madrid ás 11 da mañá. (27/10/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano