A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes. O consello tamén aprobou un plan para que 600 beneficiarios da Renda de integración social (Risga) consigan un traballo. A mesma reunión deulle o visto e prace ao plan antiincendios deste verán, que pretende reducir o numero de lumes e de danos, e aumentar a investigación das causas // O prezo medio da vivenda segue a baixar en Galicia e situase en case 1.200 euros por metro cadrado. A maior caída no prezo dos inmobles no último ano rexistrouse en Lugo, con descensos superiores ao 10% // 719 millóns de euros son as perdas coas que rematou o ano pasado Pescanova. A multinacional pesqueira acumula un burato patrimonial de máis de 2.200 millóns. Son os últimos datos aportados pola administración concursal á Comisión Nacional do Mercado de Valores. 28/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano