Activado o protocolo por un posible caso de ébola. Ó hospital do Meixoeiro de Vigo foi trasladado un home guineano de 24 anos que acodira a urxencias do hospital da Coruña con síntomas compatibles con esa doenza. Hoxe coñeceranse os resultados das primeiras probas. O venres sería cando se puidese descartar definitivamente e existencia dun caso de ébola.
O Ministro de xustiza Rafael Catalá considera unha "provocación" a proposta presentada no parlamento de Cataluña para a declaracion de independencia. Catalá dixo hoxe en Vigo que o Goberno tomará as medidas previstas na Constitución e nas leis e que serán "proporcionais aos pasos que vaian dando" os promotores das iniciativas independentistas.
Terceiro día de deliberación para os nove membros do xurado que teñen que decidir sobre a inocencia ou culpabilidade de Rosario Porto e Alfonso Basterra. Levan incomunicados dende a tarde do luns para emitir un veredicto polo asasinato da pequena ASunta. (28/10/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano