Novo record de casos confirmados nas últimas horas: 682, con repuntes nas residencias de maiores como a de Salvaterra, con máis de cen positivos, que a Xunta decidíu intervir //O aumento da presión asistencial leva a area sanitaria de Pontevedra-Salnés a suspender as intervencions cirúrxicas non urxentes. A atención primaria está a sofrir tamén problemas de acceso, según a Plataforma SOS Sanidade que denuncia atrasos de máis 15 dias nas consultas telefónicas. //Os representantes de Alcoa alegan graves perdas económicas para xustificar e ERE e o peche da planta de Aluminio, ante o Tribunal Superior de Xustiza. Os traballadores reclaman medidas cautelares para evitar a parada das cubas de electrolise que fagan inviable a planta no futuro. //Chamamento da Hostalaría de Santiago, ante as restriccións decretadas pola Xunta, que consideran inxustificadas. Din que os contaxios son residuais nos seus negocios frente aos que se producen no ámbito familiar. 28/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano