Novagalicia Banco vai recibir case 5.500 millóns de euros en axudas de Europa, pero terá que ser vendida antes de cinco anos. A cambio do rescate tamén deberá reducir a súa actividade un 60 por cento. // Tras dous días sen recollida de leite acumúlanse nas granxas doce mil toneladas, e en algunhas explotacións xa tiveron que comezar a tiralo. Esta tarde a Xunta reúnese de novo cos produtores, a industria e a distribución. // A campaña da vacinación contra a gripe recupera desde hoxe a normalidade. Xa se vacinaron unhas 400.000 persoas, 100.000 menos que o ano pasado. // O Porto de Vigo estrea un sistema que detecta material nuclear e radioactivo. É Aduanas a responsable deste control que se realiza ás mercadorías con destino a EE.UU e outras que por orixe ou tipo entrañen un posible risco. // Semana de Cine Submarino: Vigo volve acoller os últimos documentais sobre os misterios do mar. 28/11/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano