Cataluña, Aragón, Navarra, País Vasco e A Rioxa. Son as comunidades consideradas pola Xunta de alta incidencia epidemiolóxica, e das que os viaxeiros que cheguen a Galicia teran a obriga de facer constar os seus datos nun rexistro. A lista inclúe 136 países extranxeiros, entre eles Portugal e case toda América.
. // Soben, un día máis, os casos de Covid-19 en Galicia. Os casos activos son 10 máis que onte, ata un total de 242. Os maiores incrementos son na área da Coruña e na de Santiago, onde se contabilizan catro positivos dun novo brote rexistrado en Boiro. Hai un paciente en UCI e outros 9 en unidades de hospitalización.
// Galicia perdeu 32.600 empregos entre abril e xuño, según os datos da Enquisa de Poboación activa. O sector servicios lidera a caida da ocupación, seguido da industria e a construción. O número de parados baixa en 14.200. (28/07/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano