Estabilizado o incendio de Ribeira que mantivo en alerta máxima os servizos de extinción dende a tarde de onte, pola proximidade das lapas a zonas habitadas e que obrigou o desaloxo dunhas catrocentras persoas do poligono industrial do Xarás e dunhas dez vivendas na parroquia de Palmeira.
A Conselleira do Medio Rural calificou de homicidas aos que provocan incendios preto de zonas poboadas e pondo en perigo casas e persoas. O partido socialista pide a súa comparecencia urxente no Parlamento e ofrece un acordo para incrementar as políticas de prevención. Pola súa banda o BNG culpa dos efectos do lume ao que califica de improvisación da xunta.
A Volta a España deixa Galicia. A primeira hora desta tarde saía de Sober, na Ribeira Sacra lucense e arestora circula cara a Sanabria, en Zamora, logo de pasar polos concellos ourensáns, A Rúa, Petín, Viana do Bolo e A Gudiña. (28/08/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano