Comeza a tramitación parlamentaria dos orzamentos de Galicia para 2013. Case 8.500 millóns de euros, 222 menos que os deste ano, que se traducen en recortes para todas as consellerías agás a de Facenda. // Espállanse as protestas dos afectados polas participacións preferentes. Hoxe están ocupando de xeito simbólico o concello de Pontevedra. // A crise e a precaución tras a traxedia do Madrid Arena reducen a case a metade as festas de fin de ano que se van celebrar en Galicia. Aínda así, os empresarios calculan que se farán entre 600 e 800. // Galicia segue perdendo poboación. Case catorce mil habitantes no dous mil once e as previsións do Instituto Galego de Estatística estiman unha redución do cinco por cento durante a próxima década. // As redeiras piden formación, para que este oficio artesanal siga vivo no tempo. (28/12/12)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano