Satisfacción hoxe nos estaleiros de Navantia e Barreras pola adxudicacion da construcion de dous buques hotel para a petroleira mexicana Pemex, cun custe total de 600 millóns de euros.Cada un supón carga de traballo para entre 600 e 800 persoas durante case dous anos e medio.
En navantia, en Ferrol, o comité de empresa ven o contrato coma un alivio dada a grave crise que sofre o naval desa comarca. Os traballadores de Barreras, en Vigo, declaranse mais optimistas porque din que reforza o papel de Pemex no estaleiro e que asegura o seu futuro.
Esta mañá declararon de novo nos xulgados de Betanzos os presuntos secuestradores do empresario de Cambre. Hoxe coñecerase o grao de implicación de cada un dos oito detidos, que están en prisión provisional. Os investigadores tratan de aclarar cal foi o móbil do secuestro. (29/01/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano