O IPC baixa ao 2´8% en febreiro | O reconto final deixa 711.713 votos para o PP | Entre en vigor a normativa da OIT para traballadores a bordo
29/02/2024 00:11:56O IPC baixa seis décimas en febreiro e sitúase no 2,8 por cento. Trala repunta de xaneiro, a inflación volve descender e colócase no nivel máis baixo do último medio ano grazas ao abaratamento da luz e á estabilidade dos prezos dos alimentos e das bebidas sen alcol. Pola contra, subiron os carburantes | Unha vez rematado o reconto do todos os votos nas pasadas eleccións autonómicas, son un total de 711.713 os recibidos polo Partido Popular co 47,4 por cento dos votos emitidos. É o número máis alto obtido nas catro últimas votacións, dende a primeira maioría absoluta de Feijóo no ano 2009 | Avanzar nos dereitos e a proteccion dos mariñeiros. Con ese fin España adheriuse ao Convenio 188 da Organizacion internacional do Traballo, que hoxe entra en vigor no noso país. Implicarà un control mais rigoroso das condicións do traballo a bordo.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano