Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. O fiscal rebaixou a súa petición de penas para o ex subdelegado do goberno na cidade, de 7 a un ano e medio de cadea. Retirou a acusación o alcalde de Pedrafita, e mantén unha petición de penas similares para o ex xefe de trafico en Lugo. 29/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano