Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello por presuntas irregularidades urbanísticas e de contratación de persoal. Un caso baixo segredo de sumario que instrúe a xuíza Pilar de Lara que rexistrou o consistorio de Pol durante seis horas. 29/05/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano