Comeza en Lugo o xuízo polo dobre crime de Burgás, en Xermade, acontecido en febreiro de 2012. O único acusado enfróntase a unha pena de 74 anos de cadea .O outro faleceu na prisión de Bonxe por un infarto cerebral.
"Temos máis concellos dos que nos podemos permitir", di o vicepresidente da Xunta nunha visita ao de Oza- Cesuras fusionados hai máis dun ano.
Unha entidade ligada a Marina Castaño, viúva de C.J. Cela, acusada de terse quedado con 200 mil euros do IVE das obras da Fundación Cela subvencionadas con fondos públicos.
O concello de Poio vai anular definitivamente as multas impostas por policías locais a condutores por xiraren a cabeza mais de 45 graos.
O Dépor achégase a postos de descenso mentres o Celta está a un punto da Champions.
O cruceiro mais grande do mundo, o Oasis of The Seas, deixou en Vigo 800.000 euros de beneficios. (29/09/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano