Protestas dos traballadores de Spanair nos tres aeroportos galegos tras a decisión da compañía aérea de suspender os seus voos. // Salvamento Marítimo amplía ata Cabo Prior a procura do mozo eslovaco e os dous policías desaparecidos na praia do Orzán. // O deputado Francisco Jorquera será o candidato do BNG á presidencia da Xunta e Guillerme Vázquez seguirá como portavoz nacional desta formación política. // Os transplantes de órganos aumentaron en Galicia durante o ano pasado nun 3,4 por cento. Fixéronse 291, dez máis que en 2010. // Boa fin de semana para o fútbol galego... O Deportivo afianza o seu liderado en Segunda tras vencer por 2-1 ao Cartaxena. E o Celta sitúase no terceiro posto da clasificación ao gañarlle ao Girona. En baloncesto, en cambio, o Obradoiro non mellora. Outra derrota, esta vez fronte ao Lagun Aro de San Sebastián. (30/01/12)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano