Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao sair despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco. A falecida tiña denunciado previamente á súa parella, un home de 46 anos, tamén veciño da Coruña, e que xa foi detido pola policía. Os dous tiñan antecedentes por térense agredido mutuamente // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo. Dúas mozas, a menor de 14 anos, e un rapaz de 17, que fuxiran cun mozo de 24 anos. A policía nacional buscábaos en domicilios do seu entorno pero localizounos a policía local da vila do Morrazo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial e empresarial e tamen para facilitar novos investimentos. Así mesmo, aprobou un plan para coñecer as necesidades de solo industrial. Calcúlase que 18 de cada cen empresas o van precisar nos próximos dez anos. 30/04/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano