Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras. Unha inauguración que encabezou o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior, e acadou o 16 % // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. 30/12/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano