Detidos en Ferrol dos presuntos integrantes de Resistencia Galega, un home e unha muller, dedicados, segundo as investigacións policiais, a recadar fondos para facerllos chegar a outros activistas na clandestinidade. // O actual alcalde socialista de Ourense queda en minoría ao quitarlle o seu apoio o grupo municipal do BNG. // Un informe de Novacaixagalicia asegura que a economía galega medrou un 0,5 por cento durante o ano pasado, debido sobre todo ao aumento das exportacións. // Cinco persoas permanecen ingresadas nun hospital de Vigo, intoxicadas por consumir cogomelos velenosos. Na última semana outras quince foron atendidas polo mesmo motivo. // Tradicional mercado das flores en Lugo nos días previos a honrar os Defuntos. O nivel de vendas é similar ó do ano pasado con prezos de entre 3 e 15 euros. 30/10/12
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano