Lista a Operación Centinela contra os incendios | Aprobado o teito de gasto da Xunta para 2024 | Arranca a Feira do Albariño, en Cambados
31/07/2024 00:04:54Trinta patrullas militares, equipadas con dispositivos de GPS e vehículos aéreos non tripulados, están xa listas para despregarse nos montes galegos dentro da Operación Centinela deste verán. O obxectivo, colaborar na disuasión e loita contra os incendios forestais| O parlamento aproba o límite de gasto non financeiro da Xunta para o ano que vén, que ascende a case catorce mil millóns de euros, un 2,5 % máis que o ano pasado, o máis alto da historia | Xa están no Monte do Gozo o centenar de refuxiados procedentes de Canarias, que na súa maioría foxen da guerra de Mali. Hoxe farano outros 104 refuxiados a Santiago e 69 a Becerreá, en Lugo | Arranca unha das festas do viño máis importantes de Galicia. Cambados celebra ata o domingo a súa Festa do Albariño. Cinco días cheos de actividades, sempre co viño como protagonista
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano