Son os preparativos,en Santiago, no antigo cemiterio do convento de San Domingos de Bonaval e no Parque do mesmo nome para á homenaxe ás vítimas do accidente de tren. Un acto que se vai celebrar esta tarde, ás sete, e no que van participar as primeiras autoridades e as principais forzas políticas e sociais. Tamén os veciños de Angrois..., un profesional que traballou na asistencia, e un familiar das vítimas // O maquinista do tren falaba por teléfono cun controlador de Renfe no momento do accidente. Así o indican as caixas negras, que están xa en poder do xuiz que instrue o caso. Na súa declaración ante o xuiz, o maquinista Franciso José Garzón di que non se explica porqué non freou antes. A caixa negra confirma que ía 192 quilómetros por hora no tramo previo, e que, logo de activar o freo, no momento da saida da vía, circulaba a 153 quilómetros por hora. 31/07/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano