É o Samaín, unha festa de comunión entre os vivos e os defuntos, que celebran o final das colleitas, e a chegada do inverno. E estes son tamén días de flores, para achegarse, e lembrar,ós que xa non están. // A Xunta vai recorrer no tribunal Constitucional o decreto do Goberno que suprime as primas ás enerxías renovables. // Será a segunda folga xeral nun ano contra o Goberno de Mariano Rajoy. Os tres sindicatos maioritarios en Galicia presentaron este mediodía a convocatoria para a protesta do día 14 contra as políticas de axustes e recortes. // Máis de 5.500 pestiscos lévanse consumido dende o venres en Santiago É Tapas, o concurso de cociña en miniatura que vai pola súa quinta edición. // O Celta visita esta tarde ao Almería no torneo de Copa. O Deportivo recibirá mañá ao Mallorca. // Chega aos cines "O Apóstolo", unha película feita en Galicia con técnicas pioneiras en Europa. 31/10/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano