Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo. As nécoras e as cigalas a entre 25 e 90 euros. O aumento da demanda fixo que se triplicaran as vendas nos viveiros de marisco // O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo, en Pontevedra, que o ano que vén vai ser o do despegue da economía española e que os datos do paro do mes de decembro van ser "esperanzadores". Rajoy avisou, ante a xunta directiva provincial do PP, contra os grupos aos que calificou de "Adáns", que chegan á política coma se nada existira antes ca deles // Tráfico calcula que ata o dia de Reis, vai haber case medio millón de desprazamentos polas estradas galegas. As baixas temperaturas e as xeadas son o principal perigo para os conductores nestes días de festas. 31/12/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano